Habitación Standard

[ dispoñible a partir do 8 de xuño de 2026 ]

Habitación estándar de deseño moderno, ampla e luminosa, equipada con mobiliario elegante e funcional. Ofrece cama de alta gama, roupa de cama premium, escritorio, minibar, caixa forte, aire acondicionado, TV e wifi. O baño privado inclúe amenities exclusivos e detalles pensados para o máximo confort, garantindo unha experiencia superior nunha contorna sofisticada e acolledora.

Ao estar aloxado connosco terás acceso gratuíto á nosa Piscina-SPA (apertura zona de augas 27 de maio 2026)

E lembra que ao reservar na nosa web, serás obsequiado cun Pack de Benvida.

Especificacións

  • Dormitorio con cama King Size (180 x 190)
  • Baño integrado en dormitorio
  • Capacidade ata 2 persoas
  • Climatización
  • Cafeteira de cápsulas Dolce Gusto
  • Frigorífico
  • Secador de pelo
  • Smart TV 55´ 4K con conexión a internet de alta velocidade, canles por satélite, LaLiga, Champions League, Europa League
  • Amenities para baño
  • Lavadora, secadora e ferro dispoñibles en lavandería na planta 0 (sen custo)
  • Accesibilidade para persoas de mobilidade reducida
  • Ascensor
  • Aparcadoiro con videovixiancia 24h

Política de uso

Chegadas: desde as 15:00h. Saídas: ata as 12:00h

Chave electrónica (recibirás un correo co teu PIN persoal de acceso ás instalacións para que non teñas que facer check-in). Ou se o prefires, podes facer un check-in convencional (indícao en “Peticións especiais” durante a reserva).

Limpeza diaria e cambio de roupa de cama completa cada 3 días.

Está totalmente prohibido fumar nas estancias interiores de Harpazul (sensores de fume conectados á central de alarmas). Existe unha zona de fumadores habilitada no xardín.

Non se admiten mascotas.

Videovixilancia 24h de accesos, estancias comúns e aparcadoiro.

Política de cancelacións

*Tarifa cancelación flexible: cargo do 10% para garantir a reserva. Cargo do 90% restante o día da túa chegada. O depósito do 10% será recuperable até 7 días antes da súa chegada.

*Tarifa non reembolsable: cargo do 100% ao realizar a reserva.