Santiago – Fisterra
En apenas trinta minutos desde Harpazul chegamos á zona monumental de Santiago de Compostela, visita obrigada de todo aquel que chega a Galicia. Entrar na Catedral ou pasear polo seu centro histórico é o plan perfecto para coñecer os encantos desta cidade. Pola tarde, poñemos rumbo a Noia, que conta cun extraordinario patrimonio histórico-cultural, albergando numerosos monumentos de gran valor. Poñendo rumbo cara á Costa da Morte podemos facer unha parada en Muros para percorrer a pé as súas rúas de pedra, ver as casas mariñeiras coas súas características galerías e balconadas ou deternos a tomar algo nas súas fabulosas tascas e terrazas.
Coa mirada posta no Faro de Fisterra facemos unha parada no Miradoiro de Ézaro para desfrutar das súas impresionantes vistas e da catarata do río Xallas (o único de Europa que desemboca en fervenza directamente ao mar).
Co atardecer chegamos ao Cabo de Fisterra, considerado durante séculos como o fin do mundo coñecido, onde contemplar a posta de sol sobre o Atlántico é unha experiencia inesquecible.