Paseo fluvial

O sendeiro transcorre pola marxe sur do río Ulla a través da praia fluvial, o recinto das Torres de Oeste e os areais da parroquia de Oeste. Permite percorrer a pé un treito da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla (Camiño de Santiago).

Esta ruta amosa a beleza dunha das paisaxes máis recoñecidas a nivel internacional de Catoira e onde se concentra unha maior biodiversidade.