Lagoa de Pedras Miúdas

Formada nunha antiga canteira na montaña da que se extraía pedra, cando a explotación quedou abandonada, a acumulación das choivas e os numerosos mananciais existentes crearon esta lagoa de gran beleza natural. Actualmente, este espacio conta cunha zona de esparexemento na que se implantaron especies vexetais autóctonas e se dotou de sendeiros e pasarelas de madeira.