Habitación Superior con terraza
[ dispoñible a partir do 8 xuño de 2026 ]
- 28,35 m2
- 180 x 190
- 1
- 2 (+opción supletoria)
- WiFi gratis
- Caixa forte
- Aire acondicionado
- Acceso á piscina
Habitación Superior con terraza de deseño moderno, ampla e luminosa, equipada con mobiliario elegante e funcional. Dispón de espazo extra coa posibilidade dunha cama supletoria. Cama de alta gama, roupa de cama premium, escritorio, minibar, caixa forte, aire acondicionado, TV e wifi. O baño privado inclúe amenities exclusivos e detalles pensados para o máximo confort, garantindo unha experiencia superior nunha contorna sofisticada e acolledora.
Ao estar aloxado connosco terás acceso gratuíto á nosa Piscina-SPA (apertura zona de augas 27 maio 2026)
E lembra que ao reservar na nosa web, serás obsequiado cun Pack de Benvida.
Especificacións
- Dormitorio con cama King Size (180 x 190)
- Baño integrado en dormitorio
- Capacidade ata 2 persoas
- Climatización
- Cafeteira de cápsulas Dolce Gusto
- Frigorífico
- Secador de pelo
- Smart TV 55´ 4K con conexión a internet de alta velocidade, canles por satélite, LaLiga, Champions League, Europa League (+info)
- Amenities para baño
- Lavadora, secadora e ferro dispoñibles en lavandería na planta 0 (sen custo)
- Accesibilidade para persoas de mobilidade reducida
- Ascensor
- Aparcadoiro con videovixiancia 24h
Política de uso
Chegadas: desde as 15:00h. Saídas: ata as 12:00h
Chave electrónica (recibirás un correo co teu PIN persoal de acceso ás instalacións para que non teñas que facer check-in). Ou se o prefires, podes facer un check-in convencional (indícao en “Peticións especiais” durante a reserva).
Limpeza diaria e cambio de roupa de cama completa cada 3 días.
Está totalmente prohibido fumar nas estancias interiores de Harpazul (sensores de fume conectados á central de alarmas). Existe unha zona de fumadores habilitada no xardín.
Non se admiten mascotas.
Videovixilancia 24h de accesos, estancias comúns e aparcadoiro.
Política de cancelacións
*Tarifa cancelación flexible: cargo do 10% para garantir a reserva. Cargo do 90% restante o día da túa chegada. O depósito do 10% será recuperable até 7 días antes da súa chegada.
*Tarifa non reembolsable: cargo do 100% ao realizar a reserva.