Apartamento Family Jacuzzy Special
- 108,30 m2
- 5
- 2
- 7
- WiFi gratis
- Jacuzzy
- Caixa forte
- Aire acondicionado
- 3 Dormitorios
Modernos e confortables, os nosos apartamentos de categoría Family Special están dotados de todas as comodidades e servizos que poidas necesitar durante a túa estancia. Dispón dun dormitorio principal con cama King Size, un segundo dormitorio con dúas camas Twin e un terceiro dormitorio con dúas liteiras Bunk. Posúe dous baños, salón e cociña totalmente equipada. É un apartamento exterior e con vistas á montaña.
Ademais, ao estar aloxado connosco terás acceso gratuíto á nosa Piscina-SPA (apertura zona de augas o 27 de maio de 2026)
Sodes parella e vos gusta este apartamento con Jacuzzi? Temos o plan perfecto: descontámosvos o 2º dormitorio á hora de facer a reserva.
E lembra que ao reservar na nosa web, serás obsequiado cun Pack de Benvida.
Especificacións
- Dormitorio 1 con Super King Size (180 x 200)
- Dormitorio 2 con dúas camas Twin (90 x 200)
- Dormitorio 3 con 2 liteiras Bunk (105 x 200 cm)
- 2 baños independentes para servizo xeral do apartamento
- Jacuzzi en baño principal (155 x 110 cm, 26 chorros)
- Salón
- Capacidade ata 7 persoas (2+2+2+1 cama supletoria no salón)
- Climatización
- Cociña totalmente equipada
- Cafeteira de cápsulas Dolce Gusto
- Frigorífico con conxelador
- Microondas
- Secador de pelo
- Smart TV 55´ 4K con conexión a internet de alta velocidade, canles por satélite, LaLiga, Champions League, Europa League.
- Amenities para baños
- Amenities para cociña
- Lavadora, secadora e ferro dispoñibles en lavandería na planta 0 (sen custo)
- Accesibilidade para persoas de mobilidade reducida
- Ascensor
- Aparcadoiro con videovixiancia 24h
Política de uso
Chegadas: desde as 17:00h. Saídas: ata as 12:00h
Chave electrónica (recibirás un mail co teu PIN persoal de acceso ás instalacións para que non teñas que facer check-in). Ou se o prefires, podes facer un check-in convencional (indícao en “Peticións especiais” durante a reserva).
Limpeza diaria do apartamento e cambio de roupa de cama completa cada 3 días.
Está totalmente prohibido fumar nas estancias interiores de Harpazul (sensores de fume conectados á central de alarmas). Existe unha zona de fumadores habilitada no xardín.
Non se admiten mascotas.
Videovixiancia 24h de accesos, estancias comúns e aparcadoiro.
Política de cancelacións
*Tarifa cancelación flexible: cargo do 10% para garantir a reserva. Cargo do 90% restante o día da túa chegada. O depósito do 10% será recuperable até 7 días antes da súa chegada.
*Tarifa non reembolsable: cargo do 100% ao realizar a reserva.