Torres de Oeste
As Torres de Oeste son unha fortaleza de orixe romana que serviu de enclave para a defensa dos ataques normandos por parte dos viquingos. Foi o Arcebispo Xelmírez, nado en Catoira, quen mandou fortificalas para defender Santiago de Compostela dos ataques procedentes do norte de Europa a través do Río Ulla durante a Idade Media. Desta época procede o proverbio “Catoira, chave e selo de Galicia” (saber máis)
Estas ruínas están consideradas Monumento Nacional e forman un dos conxuntos arqueolóxicos e históricos máis importantes de Galicia.
A primeira semana de agosto de cada ano celébrase a Romaría Viquinga, na que se recrea unha invasión con drakkars que chegan polo Ulla e desembarcan no recinto amurallado. Esta festa está declarada de Interese Turístico Internacional.